miércoles, 28 de junio de 2017

VÍDEO FIN DE CICLO

COMO PROMETEMOS, AÍ VOS DEIXO O ENLACE AO VÍDEO QUE PUXEMOS NA REUNIÓN. PODEDES DESCARGALO DIRECTAMENTE, MAIS FACELO NOS PRÓXIMOS DÍAS POIS O ENLACE TEN DATA DE CADUCIDADE (7 DÍAS). DE TODAS FORMAS, SE TEDES ALGÚN PROBLEMA, AVISADEME POR AQUÍ E VOLVEMOS A POÑELO OU BUSCAMOS A MANEIRA DE PASALO POR OUTRAS CANLES.

ESTE É O ENLACE:

APROVEITO PARA DICIRVOS QUE AS NOVAS ORLAS XA ESTÁN LISTAS E PARA PEDIRVOS DE NOVO PERDÓN, SOBRE TODO A PAU E Á SÚA FAMILIA. PODEDES PASAR A BUSCALAS POR SECRETARÍA.

POR CERTO... O MEU CHAVEIRO NOVO CAUSA SENSACIÓN ENTRE OS MEUS AMIGOS E AMIGAS... ESTÁ CHULÍSIMO!!!!!! 


MOITAS GRAZAS, POR TODO, FAMILIA CICLISTA! 
BO VERÁN E ATA SEMPRE!!!!



viernes, 23 de junio de 2017

A NOSA GRADUACIÓN

E CHEGOU O GRAN DÍA! O DÍA EN QUE DICIMOS ADEUS A INFANTIL PARA COMEZAR A NOVA AVENTURA DE PRIMARIA.
OS CICLISTAS E AS CICLISTAS, TODOS GUAPOS COS NOSOS BIRRETES E ACOMPAÑADOS DA NOSAS INSEPARABLES XOANIÑAS, IAMOS PREPARADOS PARA DALO TODO ENRIBA DO ESCENARIO E RECOLLER OS NOSOS DIPLOMA DE GRADUADOS. QUE MAIORES SOMOS XA!






E ASÍ O FIXEMOS, UN POR UN FUMOS RECIBIENDO DOS NOSOS COMPIS DE 6º OS DIPLOMAS E O SEU SITIO NO PUPITRE DE 1º!























PERO AS DESPEDIDAS NON REMATARON AÍ, DESPOIS DA NOSA GRADUACIÓN, TOCABA IR A VER A DOS MAIORES... CON SORPRESA INCLUIDA! 








E XA PARA ACABAR O DÍA... UNHA GRAN FESTA CUNHA NOVA SORPRESA! A NOSA PROFE GENI ENVIOUNOS UNS PASTELIÑOS MOI CHULOS EN FORMA DE BICICLETA QUE COMPARTIMOS COAS NOSAS XOANIÑAS!




E COA BARRIGOLA XA CHEA, TOCABA XOGAR E A GOZAR POR ÚLTIMA VEZ DO PATIO DE INFANTIL... DEUNOS UN POUCO DE MÁGOA PERO ESTAMOS SEGUROS QUE NA PRIMARIA VIVIREMOS TODOS XUNTOS, CICLISTAS E XOANIÑAS, NOVAS AVENTURAS, APRENDENDO MOITAS COUSAS NOVAS E SOBRE TODO, PASÁNDOO XENIAL!!!


APROVEITO O BLOG PARA DAR AS GRAZAS A TODA A FAMILIA CICLISTA POR ACOLLER TAN BEN A ESTA PROFE, A PESAR DOS SEUS MOITOS FALLOS (NON PODO QUITARME O DISGUSTO DA ORLA DA CABEZA, O MEU PAU.... POR FAVOR PASADE TODOS A BUSCAR A NOVA ORLA PARA A SEMANA QUE VEN). 

SEI QUE SOAMENTE ESTIVEN UN ANO, PERO SÍNTOME COMO UNHA CICLISTA MÁIS E ISO É POLO VOSO APOIO DÍA TRAS DÍA, POR "PRESTARME" E "CONFIARME" DURANTE CINCO HORAS AO DÍA AOS VOSOS PRECIADOS TESOUROS. NON SEI SI EU LLES ENSINEI ALGO AOS VOSOS FILLOS E FILLAS, PERO O QUE SI QUE TEÑO CLARO E QUE CADA DÍA QUE EU PASO CON ELES APRENDO COUSAS QUE ME INVITAN A SER MELLOR PROFE. 


DE NOVO, MOITAS GRAZAS CICLISTAS E ATA SEMPRE!