lunes, 8 de mayo de 2017

O SHOW DOS TREBELLOS!

HOXE, AO CHEGAR A CLASE, NOA INFORMOUNOS DE QUE HABÍA UNHA SORPRESA... O SEU PAPÁ E A SÚA MAMÁ ÍAN VIR AO COLE A CANTARNOS UNHAS CANCIÓNS MOI CHULAS DAS FRAGAS!! PERO NON VIÑAN SÓS, VIÑAN ACOMPAÑADOS DOS PAPÁS DAS SÚAS GRANDES AMIGAS XOANIÑAS, LÚA E MARA!!!!

QUE EMOCIONADOS ESTABAMOS!!!!! XA NON DABAMOS FEITO NIN O TRABALLO... AS HORAS NON PASABAN, E DE SÚPETO... XA ESTABA TODO LISTO! FIXEMOS FILA E FOMOS ATA O ESCENARIO, PERO ALÍ NON HABÍA NINGUÉN.... SOAMENTE UN CARTEL QUE POÑÍA "TREBELLOS"... QUE ERA ISO?

 
DE SÚPETO APARECERON OS PAIS DE NOA E O PAPÁ DE MARA E NOS DIXERON QUE NON PODÍAN EMPEZAR CO SHOW PORQUE FALTABA UN MEMBRO DO GRUPO: O PAPÁ DE LÚA, QUE SEMPRE, SEMPRE CHEGA TARDE.... CHAMÁMOLO COMA TOLOS: LUISSSSS!!! LUISSSS!!!! LUISSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSS!!! E COMA UN RAIO APARECEU POLA PORTA! AGORA SI ESTABAN TODOS OS TREBELLOS... COMEZA O ESPECTÁCULO.


LUIS EXPLICOUNOS O QUE ERA A POESÍA, O RITMO E ATA UN POUCO DE MAXIA (QUE NIN AS PROFES DABAN FEITO!!!!), MENTRES O RESTO DOS TREBELLOS, YOANA COA SÚA VOZ, JORGE COA SÚA GUITARRA E MIGUEL CO SEU BAIXO, FORON CONVERTENDO ESA POESÍA E ESE RITMO NUNHAS CANCIÓNS CHULÍSIMAS.


 


 

A PRIMEIRA ERA DUNHA NENA QUE TIÑA UN AMIGO EXTRATERRESTRE, PERO A SÚA MAMÁ... NON O CRE!!!!!! NOA CONFESOUNOS LOGO, QUE ESTA CANCIÓN É COMA ELA PORQUE DE PEQUENA TIÑA UN AMIGO INVISIBLE.
 

A SEGUNDA FALABA DUNHA PROTESTA DOS ANIMALIÑOS DAS FRAGAS, QUE ESTABAN CANSOS DE QUE CORTARAN AS ÁRBORES E ESTROPEARAN AS SÚAS CASAS PARA CONSTRUIR CHALETS. POBRES RAPOSOS E DEMAIS... AGORA QUE ESTAMOS ESTUDANDO COMO PODEMOS COIDAR AS FRAGAS, ENTENDEMOS MOITO MELLOR ESTA PROTESTA!
 

E A TERCEIRA E ÚLTIMA, FALABA DUNHA PARELLA DE NENOS QUE MIRAN AS FORMAS DAS NUBES E QUE, COMO NOS CONFESARON OS TREBELLOS, PARECEN QUE ESTÁN UN POUCO NAMORADOS...



CANTAMOS, RIMOS, BAILAMOS... QUE BEN O PASAMOS!!!!

 


MOITAS GRAZAS AOS TREBELLOS POR VIR AO COLE A FACER DESTE DÍA, UN DÍA MOI MOI ESPECIAL!!!! VOLVEDE PRONTIÑO!!!! SODES UNS ARTISTAS!!!!!


E QUE...VIVAN OS TREBELLOS!!!!


BBBBBRRRRAAAAAAVVVVVVOOOOOOO!!!!!

2 comentarios:

  1. Moitas grazas a vos,con profes así e todo mais fácil... realmente os Trebellos nunca olvidaran este día.Moitos bicos a tod@s vos.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas a vós! Pasámolo xenial, tanto os/as ciclistas como a súa profe!!! Sobre todo, Noa, que estaba moi moi contenta, despois de ver aos seus papás facéndoo tan ben e de recibir os parabéns de todos os seus compañeiros e compañeiras! agora todos queremos aprender as cancións!!!
    De novo, moitas grazas! Foi un día chulísimo!
    Bicos a todos os trebellos!

    ResponderEliminar